Outra fotografía:

Tipo de ben: Paisaxe natural,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Mourente (Santa María)
Lugar: Rúa Santa Margarida 10
Outra denominación do ben: Carballo do padre Rábago, Carballo de Portel
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Carballo singular catalogado no inventario de árbores sobresaíntes de Galicia. Actualmente conta con 15 m., de alto, 12 m. de perímetro basal e 7,9 m. de perímetro troncal ( a 1,3 metros do chan).

Descoñécese a súa idade exacta, pero estimase que está por debaixo dos 500 anos de antigüidade e que sería o derradeiro dun bosque ancestral ao que as referencias denominan Carballeira dos Gafos ou Carballeira de Lázaro. Algúns autores falan dun antigo lucus ou bosque sagrado.

A primeira referencia a este carballo en concreto, aparece nunha copla popular:

Santa Margarida
de Monte Porreiro
que ten o carballo
maiore do reino.

A dita copla é recollida polo padre Sarmiento e publicada en 1746 na súa obra “Coloquio de 24 Gallegos Rústicos” no que defendía a dignidade do galego, a súa identidade propia respecto do castelán e do portugués, a necesidade do seu cultivo literario e do seu uso nas escolas e nas igrexas galegas. Criterios todos eles moi avanzados para aquel tempo e que non serían asumidos ata un século despois, coa aparición dos intelectuais galeguistas do Rexurdimento.

Actualmente o carballo de Santa Margarida é obxecto de devoción popular. Houbo un tempo recente en que o carballo era vítima do ataque dos fungos e de insectos xilófagos, e mesmo fentos e flores crecían no seu tronco. Hoxe en día conta co coidado e protección das institucións.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

As promesas de amor feitas baixo a súas ramas non se poden romper.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

GIL CAÑELLAS, Juan. “Las Bellezas de Galicia” Oviedo, 1926. Serie 33 Pontevedra: La Capital. nº 7.

RODRÍGUEZ DACAL, Carlos. “O Carballo de Santa Margarida”. Concello de Pontevedra, 2006. ISBN 84-606-4109-0.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.4374601368
Lonxitude: -8.62644016743
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84