Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Dumbría / Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Baíñas/Olveira
Lugar: Regoelle
Outra denominación do ben: Casa dos Mouros
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
O longo corredor da Pedra da Arca é o seu sinal identificativo. De forma escalonada en altura sitúanse tres tampas, a da cámara (que pesa sobre 15 toneladas) e dúas do corredor. A anta conserva practicamente todos os seus esteos, seis na cámara (fáltalle un) e catro no corredor. No seu interior hai varios gravados e restos de pintura de cor vermella. O túmulo tamén é de grandes dimensións, chegando aos 30 metros de diámetro. A súa lonxitude total é de 7,50 m, dos que 3,70 m son do corredor e 3,80 m da cámara poligonal, á que unicamente lle falta unha das pedras verticais. A tampa principal é enorme, cun volume de 5,44 metros cúbicos e un peso aproximado de 14,5 toneladas.
Aínda que nunca se realizou unha escavación arqueolóxica, nesta anta tan ben conservada si se realizaron diferentes estudos e investigacións. Os Leisner estiveron no “Dolmen von Erbellido” retratárono e deseñárono tanto en planta como en alzado.
Outro importante estudo realizaríao en 1973 a irlandesa Elizabeth Shee Twohig e o galego Carlos García Martínez. Xuntos puxeron en relación os gravados aparecidos en Baíñas, Dombate e Espiñaredo, en Negreira. No artigo Tres tumbas megalíticas decoradas en Galicia na revista Trabajos de Prehistoria chegan á conclusión de que hai un gravado abstracto que se repite en Dombate e Pedra da Arca. Chamóuselle “the thing” a ese deseño abstracto que era semellante a unha figura da anta de Chá de Parada, na Serra da Aboboreira, a 325 km ao sur.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta: GA15092009
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte; Tórculo Artes Gráficas, Santiago
VVAA (2011): El dolmen de Dombate: arqueología, arquitectura y conservación. A Coruña. Ed. Deputación da Coruña.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A anta consérvase en perfectas condicións, non tanto a mámoa que presenta algunhas alteracións, sobre todo na súa parte norte, con cortes por traballos agrícolas. Ao dolmen só lle falta unha pedra que, posiblemente, estea cortada só na parte visible. Con todo sufriu agresións vandálicas, coa rotura dun anaco da tampa en 2006 e algunhas inscricións.
Onde está localizado
Latitude: 43.0099547042Lonxitude: -9.01443511248
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
franjopadin says:
Set 5, 2011
A anta está referenciada no Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Manuel Rial says:
Set 22, 2011
Este dolmen ten a consideración de Ben de Interese Cultural en virtude da
Resolución do 15 de marzo de 2011, da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural,
pola que se acorda dar publicidade á relación de xacigos megalíticos con arte
rupestre e se ordena o seu asento no Rexistro de Bens de Interese Cultural. Texto da resolución:
http://www.xunta.es/dog/Dog2011.nsf/0e5fb445f3681a75c1257251004b10d7/5fa9891f59e2457bc125786b0047f140/$FILE/07000D005P012.PDF
Xose Troiano says:
Abr 22, 2016
http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/vimianzo/2016/04/22/vimianzo-da-pasos-patrimonio-preve-compra-finca-dolmen-pedra-da-arca/0003_201604C22C5991.htm
Oscar Franco says:
Xuñ 28, 2020
A prensa dixital do 27 de xuño de 2020 denuncia o estrago da coiraza deste monumento megalítico:
http://historiadegalicia.gal/2020/06/estragan-a-coiraza-dun-dos-dolmenes-mais-importantes-da-costa-da-morte-cunha-plantacion-de-millo/