Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Obre, O (Santa Mariña)
Lugar: Valbargos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:

Moitos historiadores queren ver o paso por Valbargos dunha vía secundaria da Per Loca Marítima, para percorrer a costa e acceder aos portos da zona de Noia, Porto do Son, Ribeira, e Boiro. Este anaco de vía atravesa os montes de Valbargos pola ladeira do San Lois e encamíñase cara o Sur. Xerardo Agrafoxo describe o paso por Noia da calzada romana «Per Loca Marítima» da seguinte maneira. « próxima ao litoral e dende Baroña dirixíase cara Portosín, Miñortos, Obre, Chaínza e chegaba ao «oppidum » de Noega pola Peña do Ouro, Ponte de San Francisco, Sueiro, Argote e o Couto». A partires de aí cruzaba o río Traba pola ponte de orixe romana. Despois de saír de Noia pola Calzada e Manle, dirixíase ao Castro Lampreeiro, onde se dividía en varios ramais para marchar cara Fisterra, Brigamtium e outros lugares. Un dos treitos máis importante, segundo os achados de aras romanas (estela de Cando, e ara de Banzas ) sería o que despois de superar a corrente do Tambre chegaría á parte alta do concello de Outes pasando pola Esfarrapa Banzas e Pesadoira.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NOIA/documents/0252CA001.pdf (pax 15 de 20)
Pedro García Vidal.A Noia da Memoria, Pasado e presente dun casco histórico:Evolución urbana. Edita concello de Noia 1991. ISBN.84-87879-01-2
Noia: Unha vila histórica, dende a orixe ata a Idade Moderna. Xerardo Agrafoxo Pérez. Colexio Público de Lousame ISBN:84-398-9361-Z.
http://www.celtiberia.net/articulo.asp?id=2374&pagina=25


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.77499137326142
Lonxitude: -8.905642032623291
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84