Outra fotografía:

Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Noia / Noia (comarca)
Parroquia: Obre, O (Santa Mariña)
Lugar: Valbargos
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O hórreo de Mariño en realidade son dous hórreos pegados e feitos en distinto tempo. En total elévase sobre 12 pares de pes con tornarratos. Ten un corpo de tipoloxía Noia que apoia a cámara en 6 pés de granito de corpo oitavado e remates cadrados. Tornarratos cilíndricos onde apoian os linteis da cámara. O cerramento da cámara faise con perpiaños de granito en 10 fiadas que deixan 9 regañas de ventilación horizontal cada unha, agás na que vai un van de ventilación. A cuberta é a dúas augas, realizada en tella do país. Leva sobrepenas de granito e remata o cume en cruz. O outro corpo segue unha estrutura moi parella pero coa cámara feita de madeira. Está apoiado nun paredón cara o camiño e segue o ángulo do seu trazado ao longo dos 24 metros que mide


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.noia.es/pxom/DOCUMENTO_COMPLETO/MEMORIAS/TOMO_V_CATALOGO%20PATRIMONIO.pdf
Pax. 163 do pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7768890945
Lonxitude: -8.90357404947
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84