Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: San Lourenzo de Nogueira
Lugar: Brea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Presenta unha base de tres chanzos ao que lle faltan pedras no primeiro chanzo pola súa beira esquerda e polo reverso. O pedestal e rectangular, biselado na súa parte superior. Amosa figuras no bisel, unha caveira sobre dúas tibias na parte frontal, unha figura sedente na beira esquerda, e outras dúas nas beiras restantes de difícil interpretación. Varal de sección hexagonal cunha figura de iconografía dubidosa no seu remate na parte frontal. Dita figura viste túnica, leva barba e vai calzado. Porta unha vara rematada en cruz na súa man esquerda e un obxecto difícil de definir na súa dereita (un disco furado no medio). O capitel está adornado con grilandas nas súas esquinas. A cruz é de sección rectangular cun cristo no anverso e unha piedade sobre a cabeza dun anxo alado no anverso.

O conxunto foi desprazado, no ano 1981, tres metros da súa ubicación orixinal por mor da cosntrucción dunha casa e un novo vieiro. No proceso perderonse parte das pedras da base.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Faltanlle pedras polo reverso do primeiro chanzo o que pode afectar a súa estabilidade. O tráfico e frecuente a carón del co que as vibracións da estrada poden axudar a súa futura desestabilización.


Onde está localizado

Latitude: 42.52285517762697
Lonxitude: -8.69285836815834
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84