Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Meis
Parroquia: San Lourenzo de Nogueira
Lugar: Brea
Outra denominación do ben: Cruceiro do Torreiro da igrexa de San Lourenzo
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Atópase no adro a carón da igrexa parroquial de San Lourenzo de Nogueira. Presenta unha base de tres chanzos. Na súa parte frontal ten acaroadas dúas pedras a modo de mesa de altar. Sen pedestal, o varal acanalado remata nun moi pequeno capitel con volutas. Partindo dun plinto desproporcionado con respecto ao capitel érguese unha cruz con biseis acanalados nas arestas e remate prismático nos estremos, a xeito de cruz patada. Cristo aparece no anverso da cruz, e a Virxe sobre a cabeza dun anxo no reverso.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

FERNANDÉZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao “Cruces, Cruceiros e Petos do Concello de Meis”. Editorial AGCE, S.L. Mos 2010. ISBN: 978-84-87904-89-9. Páx. 67-68.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Na base ten un ferro fundido chantado entre a unión de dúas pedras.


Onde está localizado

Latitude: 42.5237715207
Lonxitude: -8.69057178497
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84