
Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Meaño
Parroquia: Xil (Santa Eulalia)
Lugar: Valdamor
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:
Pequena necrópole formada por tres túmulos ou mámoas das que non hai restos ou indicios das laxas asociadas a cámara ben por ter sido saqueadas ou por pertencer a última etapa do fenómeno megalítico.
O primeiro túmulo presenta unhas dimensións de 18 metros (no eixo Norte-sur) por 19 metros (eixo lesto-oeste). A súa altura ascende a 1,8 metros sobre o nivel do terreo. Amosa un cono de violación de 6×4 metros con 0.6 metros de profundidade.
O segundo túmulo ubícase ao norte do anterior, e presenta unhas dimensións lixeiramente máis pequenas.
Do terceiro túmulo, situado ao oeste dos anteriores, apenas se conservan restos por mor da construción dunha pista.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta: GA36027001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
P.X.O.M. 28/12/199 Concello de Meaño. Fichas elementos Arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MEANO/documents/0819CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.45052056344666Lonxitude: -8.790478706359863
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Rober says:
Set 24, 2018
Adoito pasar pola pista que pasa ao carón desta necrópole. Nestes últimos anos o deterioro do lugar vai en aumento. A miña sopresa é que a cooperativa vitivinícola que está instalada pretiño deste lugar acaba de construír un valado metálico incorporando este xacemento como parte do seu dominio e realizou obras de sameamento e deslindes das pistas sobre o propio xacemento.
Realmente estou indignado.