Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Cotobade
Parroquia: Viascón (Santiago)
Lugar: Atalaia
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
A Portela da Laxe é unha estación de gravados rupestres conformada por seis grupos. Catro deles foron destruídos no último cuarto do século XX como consecuencia das obras de ampliación da estrada N-541 que une Pontevedra e Ourense.
Entre elas cabe destacar a laxe horizontal (Grupo I). Trátase dun penedo situado a ras de chan e que se prolonga en dirección noroeste – surleste.
Presenta motivos de moi diversa tipoloxía: combinacións circulares, círculos sinxelos, cazoletas, cadrados, esvásticas, soliformes, paletas, etc.
O Grupo II componse dunha combinación circular.
Os outros catro grupos desaparecidos presentaban diversas combinacións circulares, círculos simples, cazoletas e figuras cruciformes.
Son coñecidas desde antigo e xa foron recollidas no “Corpus Petroglyphorum Gallaeciae” de Ramón Sobrino Buhígas no ano 1935.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
A prensa dixital do 8 de outubro de 2022 recolle a nova da limpeza deste petróglifo (ver referencia bibliográfica).
Referencias bibliográficas:
BIBLIOGRAFÍA
García Alén, Alfredo e de la Peña Santos, Antonio. Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra. Catalogación Arqueológica y artística de Galicia del Museo de Pontevedra, páxs. 55 a 57 (1980). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-85728-04-1
García García, Estrela C. Estrategias para la puesta en valor del patrimonio arqueológico: el ejemplo de los petroglifos gallegos. Traballo de Fin de Master. Máster Universitario en Patrimonio Histórico y Territorial. Universida de Cantabria. Curso 2018/2019 (En liña: https://www.academia.edu/41335262/Estrategias_para_la_puesta_en_valor_del_patrimonio_arqueol%C3%B3gico_el_ejemplo_de_los_petroglifos_gallegos?email_work_card=thumbnail)
ENLACE WEB
http://megaliticia.blogspot.com/2015/11/petroglifo-portela-da-laxe.html
https://asturiense.blogspot.com/2018/07/portela-da-laxe.html
http://www.obiut.org/patrimonio_cotobade/documentos/fichas/Petr%C3%B3glifos%20da%20Portela%20da%20Laxe_cas.pdf
LIMPEZA DO PETRÓGLIFO (8 DE OUTUBRO DE 2022)
https://www.farodevigo.es/pontevedra/2022/10/08/cerdedo-cotobade-restaura-limpia-petroglifos-76996142.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.490649705Lonxitude: -8.54376912117
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
3 comentarios
franjopadin says:
Set 5, 2011
Consta no catálogo das N.S.P. de Cotobade.
Ficha 35 do catálogo de xacementos arqueolóxicos.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/COTOBADE/documents/0770CA004.pdf
maillotamarillo says:
Set 5, 2011
Está rodeado por unha verxa metálica chea de ferruxe en estado lamentable.
Oscar Franco says:
Set 19, 2011
Perto deste petróglifo atópase o sendeiro PR-G68 “A Vía Escondida”