Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Pontevedra
Parroquia: Pontevedra (Santa María)
Lugar: Praza do Teucro nº 1
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Escudo na praza do Teucro a 3,20 metros da rasante. Ten 2,10 metros de altura e 1,50 metros de ancho.

No escudo represéntanse diferentes familias. Na parte central figura o escudo dos Gago, cunha ponte, unha man empuñando dúas chaves e cinco lúas crecentes, entre outros elementos. Enriba do anterior esta o dos Montenegro, coa súa ‘M’ superposta ao escudo dos Tavares, cinco estrelas de seis puntas.

Pola esquerda de arriba a abaixo figuran os Ozores, un león atravesado por un sabre; os Sotomaior, cos seus ‘escaques’; e os Castro, con seis rodelas.

Pola beira dereita aparecen (tamén de arriba a abaixo) os Mendoza, co seu cuarteado en aspa; os de Oca, cunha árbore e un can; e os Sarmiento, con trece rodelas.

O conxunto está rematado nunha coroa e debaixo figura unha cartela de forma ovalada coa seguinte inscrición:

“Mandaron reedificar esta casa D. Antonio Félix Tavares Ozores y Sotomayor y Dª María Gago de Oca Sarmiento y Montenegro”.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MESSIA DE LA CERDA Y PITA, Luís F.: «Heráldica, escudos de armas labrados en piedra existentes en la zona de Pontevedra». Excma. Diputación de Pontevedra. Pontevedra, 1989. (p. 193-198).


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.432903736056566
Lonxitude: -8.645457029342651
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84