Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Salvaterra de Miño
Parroquia: Arantei (San Pedro)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Datado no ano 1904, este cruceiro érguese sobre catro gradas decorado con molduras, presentando en tres das súas caras placas de mármore con inscricións.
Na cara frontal do baseamento aparece adosada a escultura da Virxe en pé sobre peaña cun anxo axeonllado debaixo. O varal é estriado, con molduras ata a metade das estrías. Na súa parte superior aparece adosada a figura da Virxe Inmaculada. O capitel deste cruceiro consta de catro volutas, unha en cada esquina. Ademáis, aparece decorado con caras de anxo. O conxunto remata cunha cruz coa imaxe de Cristo e un anxo portando un cáliz no seu anverso.
Este cruceiro sitúase presidindo a praza do barrio da Igrexa.
Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
ENLACES WEB
http://cruceirosdegalicia.xyz/3605002.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=18139&ctre=55
BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA NÚÑEZ, Estanislao. (2006). Cruces, cruceiros e petos do Concello de Salvaterra de Miño. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.078205901772Lonxitude: -8.5363501310349
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84