Outra fotografía:
Tipo de ben: Fonte,
Concello: Brión
Parroquia: Santa María dos Anxeles
Lugar: Tremo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Non se coñece cando foron detectadas as cualidades medicinais destas augas, pero dende o século XIX xa gozaban de aprecio. En 1840 George Borrow constataba a existencia neste lugar do Balneario do Tremo que oficialmente se chamaba Balneario de Nuestra Señora de los Ángeles. O declive veu parello a decadencia deste tipo de instalacións na primeira metade do século XX. A principios do 2000 recuperouse o balneario que ademais conta agora con hotel. As augas deste manancial burbullan con gas carbónico e sulfhídrico a unha temperatura de 17 graos. Están a fonte nun pequeno espazo por debaixo da rasante do chan rodeada de muros de cachotaría e coa fronte de sillería, con escaleiras para acceder ao cano de auga que verte nunha pequena pía cadrada. As indicacións medicinais destas son boas para trastornos do aparello respiratorio e problemas de pel, dixestivos e reumáticos. A presenza de sofre dálles un lixeiro cheiro a ovos podres. A pouca distancia desta fonte existe outra de augas ferras na mesma parroquia e ao pé da estrada ao seu paso lugar de Estrar e con acceso público.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Equipamento
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.85470445465063Lonxitude: -8.66296648979187
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84