Outra fotografía:
Tipo de ben: Paisaxe histórica/cultural,
Concello: San Cristovo de Cea
Parroquia: Cea (San Cristovo)
Lugar: Cea
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
A Praza Maior de Cea está presidida por unha singular torre campanil “A Torre do Reloxo” (1926-1928) de catro caras con reloxo en cada unha de elas.
Feita de pedra na que traballaron excelentes canteiros como os Failde, Ruibal e Monteagudo, de estilo Neoclásico, a forman catro corpos, con una ornamentación oxival na súa base por a que brotan catro fontes. A súa campá soa para estimular a puntualidade como soñaba Dn. Antonio Vázquez, aquel fillo do pobo, e recordarnos a fugacidade do tempo.
Con ela intentábase que os moitos industriais panadeiros do pobo, soubesen a hora correcta para comezar a enfornar e a repartir o afamado pan de Cea.
O orzamento da construción da Torre do reloxo foi de 15.000 pesetas, por aquel entón o Concello tiña un orzamento de 58.592 pesetas. E con isto referímonos á Torre tal e como está hoxe, situada no centro da Praza Maior.
O 4 de Febreiro de 1927 autorizase ao alcalde para pórse en contacto con o contratista Sr. Conde para a execución do segundo corpo do Campanil.
O 4 del Decembro de 1928 adquírense catro esferas e catro cristais roxos por 424 pesetas, tamén se compromete a executar os servizos no reloxo por 1564,20 pesetas Don Jaime Álvarez de Vigo no que se inclúe material de traballo.
Así nace o emblema do pobo sendo Alcalde Dn. José María González a quen cabe o honor de levala a cabo e inaugurala.
Fotos: J.A.Manuel
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Infraestrutura
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://viadelaplataelcamino.blogspot.com.es/2011/06/etapa-36-ourense-cea.html
http://www.concellodecea.com/gal/historia/historia.html
http://www.concellodecea.org/Gallery/thumbnails.php?album=56
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.47505061184348Lonxitude: -7.98492014408111
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84