Outra fotografía:
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Outes
Parroquia: Valadares (San Miguel)
Lugar: Mirás
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Estes pequenos hórreos pertence ao tipo fisterra, que vén sendo o máis sinxelo da tipoloxía en pedra que podemos ver en Galicia. A súa construción dende o punto de vista dos remates e o material usado é a máis basta, pois as pedras que o compoñen non gardan ningunha dimensión nin formato, aínda que tenden a ser cuadrangulares. A ventilación é a que proporciona a propia irregularidade de asentamento das pezas do cachote da cámara. Estes en particular apóianse en oito pés lixeiramente cónicos provistos de tornarratos, nos cales van apoiados laxes horizontais para facer de base dos muros. Os penais non se diferencian do resto dos muros da cámara e tanto estes como a cámara levan sobrepenas para tornar da chuvia. O teito está a dúas augas e un deles vai cuberto con fibrocemento vermello e o outro está moi deteriorado. O que está en mellor estado leva pináculos nos cumes.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.85112179590196Lonxitude: -8.962660431861877
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84