
Outra fotografía:

Tipo de ben: Vila romana,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar: As Burgas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Romana,
Descrición:
As escavacións realizadas na “Casa dos Fornos” e nas traseiras da rúa do Vilar xunto co “Colexio das Xosefinas”, no espazo entre as fontes termais, permiten valorar a importancia dos mananciais na cidade romana, creando un contorno moi unido ao mundo da auga.
Pódese visitar nesta área arqueolóxica dúas zonas: a zona A, onde atopamos a gran piscina termal e a zona B ó sur. Ambas estan separadas por un sector arqueoloxicamente estéril.
Na zona A, a secuencia das estructuras iníciase cun edificio da segunda metade do século I d.C. que acolle unha piscina termal de granito. A súa función era relixiosa, relacionada coas propiedades curativas das augas das Burgas, cuns poderes benéficos concedidas polo Deus indíxena REVVE ANABARAEGO, ao que se dedican seis aras procedentes deste mesmo lugar.
Seguramente se se escavase todo o edificio-santuario, aparecerían máis.
Este edificio refórmase na segunda metade do século II d.C. para construir baños termais aínda que seguramente con outros usos. Algúns materiais arqueolóxicos rexistrados nesta zona son verdadeiramente excepcionais, como o camafeo coa escena de baño, os ladrillos de entalle ou o pelegrín medieval de acibeche, este último da Idade Media.
No sector B, as estructuras romanas descubertas están relacionadas directamente coas localizadas no patio do Colexio das Xosefinas, con evidencias dunha evolución arquitectónica alomenos entre a segunda metade do século I ata o III d.C.
Son estancias calefactadas cun hipocausto, asociadas con actividades de baño de tipo social ou hixiénico, o que contrasta co uso relixioso inicial da piscina de “Casa dos Fornos”.
Na zona B destaca outro grupo, case contiguo do anterior formado por unha grande estructura, cunha función aínda non aclarada. A súa cronoloxía, como a anterior, tamén indica unha evolución arquitectónica dende a segunda metade do século I despois de Cristo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Paneis informativos do Concello de Ourense.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.33446792109921Lonxitude: -7.864701524376869
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
4 comentarios
adela suma says:
Xuñ 18, 2013
As fontes das Burgas e a súa área de influencia foron declaradas BIC o 8 de febreiro de 2007. Para a súa protección e posta en valor elaborouse un “Plan Especial de Protección do BIC con categoría de sitio histórico do conxunto “Fontes termais das Burgas e o eu contorno delimitado”” aprobado definitivamente o 20 de xaneiro de 2012.
Engado o enlace a dito Plan Especial na web oficial de planeamento (o enlace é a memoria, pero está todo o documento, clicando en ourense > planeamento de desenvolvemento > PE …):
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/OURENSE/documents/27631me001.pdf
adela suma says:
Xuñ 18, 2013
Coma información complementaria engado tamén o enlace á web “Ourense en desarrollo”, ao post sobre dito Plan Especial:
http://ourensendesarrollo.wordpress.com/2011/07/18/peri-de-as-burgas-parte-i/
Capítulo 0 » 4000 bens culturais catalogados en patrimoniogalego.net says:
Xuñ 20, 2013
[…] nosa nota de prensa: A área arqueolóxica das Burgas, en Ourense, representa a ficha 4.000 de patrimoniogalego.net, o maior catálogo social en liña do […]
Oscar Franco says:
Ago 19, 2018
“A Xunta mantén paralizada dende fai 6 anos a escavación da Casa dos Fornos”. A nova é do 15 de agosto de 2018:
https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2018/08/15/xunta-mantiene-paralizada-6-anos/1945099.html