Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Terra de Soneira (comarca) / Vimianzo
Parroquia: Carantoña
Lugar: Recesindes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico,
Descrición:

A Mina de Recesindes forma parte dunha necrópole de tres mámoas, e esta dun campo de mámoas que se estende entre esta parroquia e a de Calo ao sur da Pena Forcada. O dolmen presenta cámara poligonal e un posible corredor cara ao leste, do que conservamos un dos chantos deitados no chan. A cámara ten hoxe seis chantas verticais das once totais que tería no seu momento. Faltan moitas das súas pedras e as tampas que foron saqueadas. Como escribe Xosé María Lema (2006), este lugar permite entender moi ben como se integra o dolmen na mámoa, coas pedras ben traballadas e encaixadas entre si. A anta estaba bastante soterrada no túmulo, pois desde a parte superior até a pedra hai practicamente un metro.

A mámoa foi violada e profanada, dende que en 1936 fora obxecto de escavacións clandestinas feitas por buscadores de tesouros.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA15092006
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

LEMA SUÁREZ, Xª Mª (2006) Polas antas e mámoas da Costa da Morte, Tórculo Artes Gráficas (Santiago)
LEMA SUÁREZ, Xª Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

As raíces das árbores e vexetación poden causar desperfectos na mámoa e no dolmen.


Onde está localizado

Latitude: 43.1476889455
Lonxitude: -9.0733230114
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84