Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: Siabal (San Lourenzo)
Lugar: Río Gaiola - Avilleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Edificio no que se adiviña, polo pouco que queda del, que sería de planta cadrada en cantería de granito de perpiaños irregulares combinados con cachotes e a cuberta posiblemente a dúas augas.
Estaría formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda, e que estaba composta por unha única moa, da que soamente se conserva un anaco.
Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa.
A meirande parte dos muíños da comarca da Rabeda son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Situado no río da Gaiola, do que aproveitaría a auga, nesta parte deste regato podemos ver varios destes muíños, todos en mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2902626498602
Lonxitude: -7.74860143661499
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84