Outra fotografía:

Tipo de ben: Lavadoiro,
Concello: Negueira de Muñiz
Parroquia: Ouviaño
Lugar: Ouviaño
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Lavadoiro cuberto en lousa a dúas augas cuxa armazón de madeira se apoia sobre columnas. O depósito, de forma rectangular, está realizado en lousa. Restaurado hai poucos anos. Foi inaugurado o día 24 de maio de 1953, tal commo rezaba unha praca que había no lugar, hoxe en día felizmente destruída.
En decembro do ano 2009, Clifford Torrents, un escocés fillo dun combatente republicano catalán, mercou unha casa en Ouviaño. Ao home chamoulle a atención unha praca co escudo da Falanxe que había na fonte e que rezaba: “Reinando Francisco Franco y siendo alcalde D. José M. López se inauguró esta el día 25-5-1953”. O novo veciño pediu que retiraran a praca. O concelleiro co que, cun apretón de mans, chegara a un acordo, contoulle que non o podían facer por falla de cartos. Clifford, entón, colleu un martelo e esnaquizou el mesmo o esperpento, cumprindo así co mandado pola lei da Memoria Histórica. Mais o asunto non quedou aí: o alcalde negou que tivera permiso e denunciouno, e o fiscal solicitou unha multa de 50 euros e 400 máis para repoñer unha copia da praca. Como ben apuntou o señor Torrents, condenado a pagar unha praca ilegal para substituír un orixinal ilegal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://patrimoniodenegueira.blogspot.com.es/2013/06/limiar.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.1004497
Lonxitude: -6.9158822
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84