Outra fotografía:
Tipo de ben: Vivenda singular, Muíño,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Cereixo
Lugar: Cereixo
Outra denominación do ben: Muíño das Torres ou das Arceas
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
O muíño das Torres atópase entre o pequeno río de Cereixo e o río Grande do Porto, a pouco da desembocadura deste na ría de Camariñas.
O tamén chamado Muíño das Arceas, tivo a súa orixe nun foro outorgado en 1647 polo señor das Torres de Cereixo (o pazo que se ve detrás na foto e que xa está catalogado en patrimoniogalego.net), Juan Taboada, aos irmáns Espasante, para que puidesen construír no lugar dous ou tres muíños polo tempo de vida de “tres señores reyes de España”. Por ese foro, terían de renda seis ferrados de trigo e dúas galiñas cada ano.
A súa planta é rectangular, con cuberta a dúas augas na que se abren tres elementos abufardados. A entrada realízase polos lados curtos do volume, que queda unido á terra por dúas pasarelas.
O muíño orixinal sufriu moitos cambios, antigamente só tiña unha planta, hoxe hai dúas. Incluso foi adaptado para vivenda. Na cal primeiramente estaban os veciños que traballaban no muíño e ultimamente rematou sendo mercado polo famoso coreógrafo galego o Rei de Viana.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
LEMA SUÁREZ, Xª Mª e VVAA (2010),Terra de Soneira, no corazón da Costa da Morte. Xerais, Vigo
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.13292023016314Lonxitude: -9.126580953598022
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
franjopadin says:
Set 5, 2011
Aparece referenciada como “El Molino” (sic), no apartado de Casas e Pazos do Inventario do patrimonio cultural do Concello de Vimianzo. http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf