Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Nigrán
Parroquia: Parada (Santiago)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Cruceiro con plataforma cuadrangular de tres chanzos e pedestal cúbico moldurado cunha inscrición case ilexible que pon: «A DEVOCIÓN DEL SR. MANUEL SAAVEDRA 1849». O varal é cilíndrico e acaba nu collarino que da paso a un capitel tipo dórico. A súa cruz é tipo florentina, e polo seu anverso presenta a Cristo Crucificado con tres cravos. Inclina a cabeza cara á dereita e o seu pano de pureza vai anoado tamén á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe sobre peana co Cristo no colo.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NIGRAN/documents/0844CA001.pdf (Páxina 3)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360350501.html

BIBLIOGRAFÍA
SOLIÑO TRONCOSO, Antonio e PÉREZ GONZÁLEZ, María Xosé (2020). Arquitectura de intermediación. Cruceiros e pétos de ánimas. Caderno de Etnografía. Ed: Instituto de Estudos Miñoráns -IEM-.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (2004). Cruceros de VAL MIÑOR y Sta. María de Oia. Ed: Diputación Provincial de Pontevedra.
FERNÁNDEZ DE LA CIGOÑA FRAGA, Salvador. (1995). HISTORIA DA COMARCA DO VAL MIÑOR (Baiona – Nigrán e Gondomar). Ed: AGCE (ASOCIACIÓN GALEGA PARA A CULTURA E A ECOLOXÍA).

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.129906278608
Lonxitude: -8.7785522639751
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84