Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Paderne de Allariz
Parroquia: San Lourenzo de Siabal (San Lourenzo)
Lugar: Río Gaiola - Avilleira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construción de planta cadrada de cantaría de granito de perpiaños irregulares combinados con cachotes e cuberta a dúas augas. Está formado pola parte baixa ou inferno onde está o rodicio e unha primeira planta, onde se facía a moenda. Ten unha única moa, que se movía pola caída en gravidade da auga que chegaba pola canle dende unha pequena presa que desvía o caudal unha vez aproveitado polo muíño anterior. Esta canle conservase íntegra.
A meirande parte dos muíños da comarca da Rabeda son da modalidade de canle, característico por ter que administrar un pequeno caudal de auga, que procedente da gavada, condúcese rapidamente cara o rodicio a través da canle para bater contra o primeiro de forma tanxencial, despois de precipitarse polo cubo a modo de funil.
Situado no río da Gaiola, do que aproveitaría a auga, en esta parte de este regato podemos ver varios de estes muíños, todos en mal estado de conservación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.29035788908165
Lonxitude: -7.7492934465408325
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84