Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baleira
Parroquia: A Braña (San Miguel)
Lugar: A Braña
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Templo de planta rectangular con tellado de lousa a dúas augas. O presbiterio é máis alto ca nave, cuberto a catro augas. Espadana dun van sobre a fachada. A capela maior, máis alta ca nave, comunícase con esta por medio dun arco triunfal de medio punto con impostas. Xunto a capela maior construíuse a sancristía dunha soa vertente. Os muros son de pedra, revestidos e branqueados. No interior, o retablo maior, salomónico de catro columnas, foi repintado; vense as esculturas de San Miguel, San Roque e Santo Antonio de Padua, todas do século XVIII. Tamén se conservan dous cálices de prata, ambos do século XVII.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_1_es.pdf
http://ito.mx/KPda (Concello de Baleira)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.08714705977861Lonxitude: -7.267257571220398
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
Últimos comentarios