Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baleira
Parroquia: Librán (Santa Mariña)
Lugar: Librán
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

De orixe románica, sufriu varias modificacións. Na fachada principal salienta a torre que presenta dous corpos, un inferior con arco apuntado que forma unha especie de cabido por onde está a porta principal, e outro superior con catro vans para as campás, arco de medio punto e impostas sinxelas. A nave é de planta rectangular cuberta en lousa a dúas augas. A capela maior ábrese cun arco triunfal de medio punto, mentres os outros tres arcos forman unha especie de fornelos de gran tamaño. Na parte posterior vese a ábsida semicircular de orixe románica aínda que modificada. No interior, a imaxe de Santa Mariña preside o retablo maior, barroco. Tamén se poden ver as esculturas de Santa Isabel, San Antonio e San Xoán, todas dos séculos XVIII e XIX, e unha Virxe sedente co Neno, de tradición románica. O patrimonio da igrexa complétase con varios cálices de metal e unha pía bautismal de granito e grandes proporcións de posible procedencia medieval. Adro-cemiterio ao redor.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_1_es.pdf
http://ito.mx/KPd8 (Concello de Baleira)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.04578080717353
Lonxitude: -7.272863388061523
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84