Outra fotografía:

Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Baleira
Parroquia: A Esperela (San Pedro)
Lugar: A Esperela
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval, Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

A Igrexa de San Pedro da Esperela é de orixe románica, cunha profunda modificación no século XVIII. Trátase dun edificio de planta cuadrangular dividido no interior en tres naves tramos. O principal cóbrese a dúas augas. Os laterais son prolongación do principal, agás a parte próxima ao presbiterio que é máis elevado e está cuberto a tres augas. A nave central sepárase das laterais por medio dunha arcada corrida de tres arcos de medio punto. Na fronte está a torre, de tres corpos, construída en cadeirado de granito. No primeiro ábrese unha especie de pórtico polo que se accede á igrexa. O presbiterio conserva algúns vestixios da primitiva edificación románica, como románicos son os canzorros do tramo recto da ábsida. No interior podemos ver un retablo barroco con dúas columnas salomónicas de acios, pintado e dourado, cun San Roque. Parte do patrimonio do templo, consérvase un sagrario barroco con relevo de custodia, San Román, San Antonio, San Pedro, dous cálices de prata do século XVIII e un copón moderno de prata.
Segundo Nicandro Ares, San Pedro da Esperela foi mosteiro medieval do Cádavo, feito que aparece confirmado en dous documentos, un de Ordoño I do ano 857, e outro de Afonso III, do ano 900.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo a lenda, construíuse no lugar onde deixou de correr o sangue que baixaba dende o Campo da Matanza, así coñecido por unha batalla acontecida entre árabes e cristiáns.


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://onosopatrimonio.blogspot.com.es/2011/07/mosteiros-de-galiza.html
http://www.xunta.es/dog/Publicados/1991/19910712/Anuncio15AAE_1_es.pdf
http://www.concellobaleira.es/


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.008648447515235
Lonxitude: -7.241183817386627
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84