Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Baños de Molgas (San Salvador)
Lugar: Bouzas
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:

Pedra exenta irregular que formaba parte da parede de peche dunha poula preto do pobo de Bouzas, duns 65cm de largo por 40cm de ancho e case 30cm de espesor.
Nunha das súas caras ten gravados con sucos bastante profundos, cinco círculos concéntricos interrompidos por algún suco atravesando dende o centro cara ó exterior, e pequenas cazoletas no centro.
Foi atopada casualmente por unha traballadora do concello, dando un paseo pola zona. Foi comunicado a Patrimonio o seu achádeo e o perigo de que ó ser unha pedra exenta, que entre dúas persoas a poden mover facilmente, podería ser roubada.
Algo que finalmente ocorreu, a súa descubridora decatouse da súa falta no Nadal de 2012.
O Concello puxo uns bandos pedindo a devolución do petróglifo e parece que o espoliador colleu medo e levouno a o aparcadoiro do Concello.
A espera de ver que decide facer con el Patrimonio, permanece gardado na capela de Bouzas.
Poderíase por en valor situando no exterior da capela nunha zona acondicionada con cartel informativo de onde se atopou e o motivo da súa situación.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.236786917284064
Lonxitude: -7.689796686172485
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84