Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Elviña (San Vicenzo)
Lugar: Santa Xema
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

É un cruceiro de crucifixo feito de granito. Presenta un pedestal de forma cilíndrica que se asenta directamente na beirarrúa. Posúe a seguinte inscrición: “Centenario pasionista 1885-1985”. O varal é de sección circular e ten aspecto leñoso sobresaíndo nós. Atópase gravada unha cruz e a lenda “Jesusxpi passio”. O capitel presenta astrágalo circular liso e está adobiado con grandes volutas. A cruz ten sección cuadrangular e remates florenzados. No anverso da cruz hai un Cristo crucificado con tres cravos, a cabeza mira ao fronte, leva coroa de espiñas e detrás aparece a cartela de INRI. Leva as abertas e o pano de pureza ata á dereita. No reverso, sobre unha peaña, leva a figura da Virxe cas mans sobre o peito en actitude orante. Tamén hai unha mesa exenta a carón do cruceiro que fai as veces de pousadoiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.33008677660577
Lonxitude: -8.386892080307007
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84