
Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: A Coruña
Lugar: A Coruña - Praza de Lugo, 3
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:
Trátase dun cruceiro de crucifixo feito de granito. Data do 1998. Presenta unha plataforma cuadrangular de tres gradas no que se asenta un pedestal de forma cúbica rematado en chafrán. O varal é de sección octogonal, aínda que o comezo é cadrado. O capitel conta cun astrágalo circular e follas de acanto.
A cruz ten brazos de sección cuadrangular con chafráns. e remates potenzados. O Cristo está crucificado con tres cravos, inclina a cabeza á dereita e ten as mans pechadas. Leva coroa de espiñas e a cartela INRI. O pano de pureza ata á dereita. No reverso está representada Santa Lucía. Sostén unha palma ca man dereita e un cofre cos ollos na esquerda.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.36567171132096Lonxitude: -8.406676054000854
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Oscar Franco says:
Dec 9, 2022
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/150300103.html
e a seguinte referencia bibliográfica:
LAREDO VERDEJO, José María. (2010). Los cruceros coruñeres. Actas do IIº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Editor: E F. de la Cigoña.