Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Estrada dos Fortes
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun cruceiro de crucifixo feito de granito. Non ten pedestal nin plataforma. Aséntase directamente sobre un rochedo axardinado á entrada do Colexio Calasanz PP Escolapios. Foi colocado a finais dos anos 70. O varal ten sección cadrada nos extremos e presenta chafráns na parte media. O capitel é cúbico e ten labradas cabezas de anxos. A cruz é de sección cuadrangular. No anverso represéntase o Cristo crucificado con catro cravos, cabeza con coroa de espiñas, inclina á dereita. Hai cartel de INRI. O pano de pureza ata á esquerda. No anverso represéntase a Virxe coroada, co Neno no colo.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

MARTÍN RUIZ, L.: «Cruceiros na provincia da Coruña». Vol. II. Deputación Provincial da Coruña, 1999.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Moi bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.37234790061769
Lonxitude: -8.429131507873535
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84