Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Cristiñade (San Salvador)
Lugar: A Igrexa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

O cruceiro ten dúas escalinatas cadradas con dous soportes ós lados que quizais levasen bólas con motivos ornamentais. Pedestal cadrado e rematado en arestas redondeadas, nel descansa o fuste que é primeiramente, nun tramo corto, cadrado para logo pasar a ser poligonal e rematar con rebaixas en punta de frecha. Capitel sinxelo e cadrado que da paso á cruz, latina e de brazos cadrados, que leva no anverso a figura de Cristo con coroa de espiñas, cabeza ladeada e expresión de sufrimento, pano de pureza anoado a súa esquerda. No reverso vemos a Virxe das Angustias, co fillo no colo en posición de medio escorzo e cun gran manto que a cubre dende a cabeza.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PONTEAREAS/documents/0861CA004.pdf (p. 5)
https://drive.google.com/folderview?id=0B8ACfkgfAFaDQTNZQ2RFUGZKLUk&usp=sharing&tid=0B8ACfkgfAFaDV2twRzVlMno0aG8 (Páxina 2)
https://cruceirosdegalicia.xyz/360420701.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.1472636082
Lonxitude: -8.52897405624
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84