Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Condado (comarca) / Ponteareas
Parroquia: Padróns (San Salvador)
Lugar: Chan da Gándara
Outra denominación do ben: Cruceiro do Barco
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Este cruceiro, do ano 1780, está situado sobre un montículo rochoso, á beira do río Tea. Érguese sobre unha plataforma de tres gradas de perpiaño, reforzadas nas unións con grampas de ferro, nas que descansa unha base cadrada e cos bordes rebaixados. Posúe a seguinte inscrición:
“LO MANDO HACER POR DEVOCIÓN SANTIAGO NOGUEIRA AÑO 1780 STO CRISTO DEL PIÑÓN”.

Fuste poligonal-primático con colar da mesma forma que dá paso ó capitel de tipo clásico, con follas, volutas e cabezas de anxos; remata en ábaco curvilíneo. Cruz cadrada e con remates en punta; leva no anverso un Cristo coa cabeza ladeada, coroa de espiñas, anatomía marcada e amplo pano de pureza. No reverso vemos á Virxe en actitude orante e recollida, con manto que a cubre dende a cabeza ós pés, repousa sobre peaña en forma de cabeza de arcanxo.

Neste lugar, á beira do río Tea, celébrase a romaría do Cristo do Piñón.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:

Segundo os veciños, este cruceiro fíxose como promesa por salvaren a vida as persoas que cruzaban o río un día de crecida


Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

ENLACE WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/360421602.html

BIBLIOGRAFÍA
FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, MONÉ. Cruces, cruceiros e petos de ánimas do Concello de Ponteareas. Ed. AGCE, S.L. Vol. XXXVII. 2008
SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Andrés. (2009). O CRUCEIRO DO BARCO OU SANTO CRISTO DO PIÑÓN. UNHA OLLADA Á HISTORIA DESTE CRISTO PÉTREO DAS BEIRAS DO TEA. Actas do Iº Congreso galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.

ENLACES DE REFERENCIAS LEGAIS
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2163890905
Lonxitude: -8.5182505846
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84