Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: A Coruña
Parroquia: Visma (San Pedro)
Lugar: Praza Divina Pastora
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XX,
Descrición:

Trátase dun cruceiro de crucifixo feito de granito. Consta dunha plataforma cuadrangular de tres gradas. Sobre ela aséntase directamente o varal, que ten sección cadrada, con rebaixes en chafrán. O capitel, de forma cúbica, presenta molduras e labras de anxos e outros motivos. A cruz é de sección cadrada. O Cristo aparece crucificado con tres cravos. Inclina a cabeza á dereita, leva coroa de espiñas e as mans están abertas. Ten cartela de INRI. O pano de pureza ata á dereita. No reverso aparece representada a Virxe en actitude de oración. Vai sobre unha peaña.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 43.363448751590965
Lonxitude: -8.42375636100769
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84