Outra fotografía:
Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro,
Concello: A Barcala (comarca) / Negreira
Parroquia: Broño (San Martiño)
Lugar: Feáns
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:
Atópase o castro nun pequeno outeiro pedregoso emprazado nunha chaira existente entre os elevados cumes do Monte Corzán e o Val da Barcala. No libro de Agrafoxo sobre os castro da Barcala, Amaia e Dubra vén como “Castro de Broño”. Ten pouca elevación sobre as terras que o rodean , pero sobresae do seu entorno pois non hai outros accidentes xeográficos que impidan a súa visión. Non presenta fortes nin acusadas ladeiras. Está a 1.5 km. do río Barcala e a unha altitude de 180 m., dende el divísase o Castro de Guimaráns , (tamén chamado Alto dos Castros) Posiblemente as pistas que hai do seu redor destruíron partes das súas defensas e posibles plataformas. Atópase cheo de eucaliptos e toxos que se ven sobresaír da croa e que o fan moi visible.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/NEGREIRA/documents/0245CA003.pdf
15 de 26
Agrafoxo Pérez, Xerardo. O hábitat castrexo no Val de Barcala, Amaía e o Val do Dubra . Ed.Sementeira. S.A. Noia. ISBN 84-87848-02-8. Ano 1992 (páxina 44 )
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.92494162614058Lonxitude: -8.796207904815674
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84