Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Xunqueira de Espadanedo
Parroquia: Pensos, Os (San Pedro)
Lugar: Pardeconde - Porta Certeira
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Construción de planta rectangular de 7 por 4 metros de cachotería de lousa combinada con perpiaños do mesmo material e algunha pedra de granito. A cuberta a dúas augas en tella do país. Polo lado sur ten a porta de entrada, tendo un pousadoiro para as saquetas a unha altura xusta. Entre el e a porta vemos unha cruz gravada na pedra da parede.
Está formado pola parte baixa ou inferno, onde está o rodicio, e unha primeira planta na que se facía a moenda, e que estaba composta por dúas moas, da que soamente se conserva unha. Chegaría a el a canle pola que viría a auga gañando altura dende unha pequena presa.
Situado no Regueiro do Porto, do que aproveitaría a auga, a súa posición está estratexicamente pensada, pois nesa zona xúntanse dúas escorrentías, que bordean o Castro Puxando. Permaneceu funcionando ata os anos 80 do século XX, aínda que de forma particular, non como antano que os muíños moían para todo o pobo e arredores.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3448904207863
Lonxitude: -7.644317150115967
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84