Outra fotografía:

Tipo de ben: Fonte,
Concello: Montederramo
Parroquia: Sas do Monte (San Pedro)
Lugar: A Mioteira - O Pozo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Fonte da modalidade de capela case toda empotrada nun muro, formando parte de el. Amósase gorecida por unha cuberta dunha soa peza granítica a unha única auga. Aparece protexida e embalsada nun cubo granítico levantado en perpiaño pouco traballado, horadado na súa fronte. Situada na zona coñecida como O Pozo, que está formada por esta fonte mais a auga que baixa da Fonte da Salamagueira, saíndo no pilo ou bebedoiro onde bebe o gando, que tamén se aproveita para o lavadoiro adxacente. No seu interior ten unha pedra a modo de chanzo na que se apoia un, cando o nivel da auga baixa moito, para poder chegar a ela.
Fotos: Mónica Parente


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.307925077573856
Lonxitude: -7.451933026313782
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84