Outra fotografía:

Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Outeiro das Nogueiras – Monte Cubreiro
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade do Bronce, Época Baixomedieval,
Descrición:

Pequena peneda de 2,5 m. de longo por 1,70 m. de ancho e 35 cm. de alto no que podemos ver gravuras de varias tipoloxías e distintas épocas.
Primeiramente vemos tres cazoletas aliñadas e orientadas de nacente a poñente de un tamaño medio de 5 cm. de diámetro.
Logo distinguimos polo menos tres cruces, unha de elas con círculos nos extremos, esta é a que parece de tipoloxía latina. As outras dúas son semellantes ás de termo que vemos normalmente, cos catro brazos da mesma lonxitude.
Por último tamén aparece unha curiosa gravura que non podemos identificar, aínda que puidese ser unha cruz modificada, a que se lle alargaron dous extremos e xuntándoos cerrando unha especie de cadrado.
A poucos metros de esta peneda atópase unha Mámoa, a Número VI da Seara, neste Outeiro das Nogueiras no Monte Cubreiro.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.258659090229315
Lonxitude: -7.724086046218872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84