Outra fotografía:
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Vimianzo
Parroquia: Santa María de Salto
Lugar: A Lagoa
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
A capela da Nosa Señora da Peregrina esta formada por muros de cantería que conforman unha pequena nave cadrada de seis metros de lado con cuberta de madeira e tella do país.
Ten a capela maior na cabeceira que a separa da nave por un arco de medio punto, máis estreita, de planta rectangular, de catro metros de longo por cinco de ancho, toda ela pavimentada con boas lousas de pedra e os muros coa pedra á vista e encintada.
Ten un van de luz rectangular no presbiterio do muro lateral dereito e a entrada pola súa fachada sen decoración algunha. Unha pequena e sinxela espadana dun oco en arco de medio punto onde ía a campá e que está coroada por unha cruz de pedra.
Fotogrametría:
Propiedade: Descoñecida
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/VIMIANZO/documents/0404CA003.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.13269121457558Lonxitude: -9.01663988828659
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Eugenia says:
Ago 17, 2023
Dende fai uns anos, celebrase o carme o 16, e o 17 de agosto a peregrina, a cal da o nome a esta fermosa (hermita), na lagoa,, parroquia de salto, concello de vimianzo, todo cuidado, e limpo pa dita celebracion, todos o anos