Outra fotografía:

Tipo de ben: Vía/Estrada/Camiño histórico,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Ambía (Santo Estevo)
Lugar: O Calvario
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Carreiro que se chamaba da Acea, pois sendo o lugar máis afastado da parroquia, por el chegaban os seus veciños andando cara a misa, por esta zona do Calvario, próxima a igrexa Parroquial de Santo Estevo de Ambía.
Eran muros de peche das leiras que os facían un pouco máis resistentes e anchos, e que na súa parte superior encaixaban pedras o máis planas posible coa finalidade de poder camiñar por elas sen estragar as colleitas ou evitar mollar o traxe e o calzado dos domingos en zonas húmidas.
Este carreiro bordeaba a propiedade dos Señores de Ambía, onde noutros tempos estivo a súa torre.
Polo desgaste das pedras podemos adiviñar que foron moitos os pés que treparon nelas no seu camiñar por mor da obriga de escoitar a misa semanal.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: AgrícolaResidencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.209912842425936
Lonxitude: -7.70777285099029
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84