Outra fotografía:

Tipo de ben: Pazo / Casa Grande,
Concello: Baños de Molgas
Parroquia: Betán (San Martiño)
Lugar: Sanguñedo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:

Vivenda de tipoloxía tradicional que se parapeta detrás dunha portada de acceso monumental constituída por un lintel granítico situado a 2,5 m. de altura aproximadamente. Enriba dela ten unhas pedras con moldura lateral que serven de base a unha cruz latina sen figuración, labrada en granito con base cadrada e arestas biseladas, e flanqueadas por dous pináculos piramidais (un deles esnaquizado) con rebaixe para conter algún tipo de imaxe.
Na lumieira aparece pintada a lenda “Sanguñedo al 1er Cuartel” algo que adoitamos ver en portadas deste tipo en distintos pobos.
A vivenda tradicional que sucede a esta entrada monumental, pertence a tipoloxía que Pedro de Llano definiu como vivendas tipo bloque, que teñen entre ela e a portada un patio que dá acceso a varias dependencias.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.25113890442506
Lonxitude: -7.70689845085144
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84