Outra fotografía:

Tipo de ben: Cruceiro, Petos de ánimas,
Concello: Cangas / Morrazo (comarca)
Parroquia: Cangas (Santiago e San Salvador)
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Século XIX,
Descrición:

Conxunto do ano 1878 formado por un peto de ánimas e un cruceiro policromado.

O peto de ánimas disponse na parte baixa con reixa protectora e retablo de pedra policromada, presidido pola Santísima Virxe, que se esconde no interior dunha ampla fornela. Sobre o tellado deste peto disponse o cruceiro, con varal cilíndrico e cruz sobre a que colga ou pende a figura de Cristo.

O peto de ánimas disponse na parte baixa con reixa protectora e retablo de pedra policromada, presidido pola Santísima Virxe, que se esconde no interior dunha ampla fornela.

Tamén se invita a recordar os nosos antepasados: “Ave María Purísima. Acordaos de las ánimas de vuestros padres o abuelos o tíos o parientes o amigos”.

E, noutra parte do oratorio, apréciase esta inscrición: “Rogad por nos, Señor, y socorrednos con vuestros sufragios que nos pidiremos por vos”.

Os cruceiros e petos de ánimas de máis de 100 anos están protexidos polo Decreto 571/1963, de 14 de marzo, “sobre protección de los escudos, emblemas, piedras heráldicas, rollos de justicia, cruces de término y piezas similares de interés histórico-artístico”; ademais, teñen a consideración de Bens de Interese Cultural (BIC) segundo o establecido na disposición adicional segunda da Lei 16/85 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.
Asi mesmo o recoñece e garante a Lei 5/2016, do 4 de maio, do Patrimonio Cultural de Galicia, no que hórreos, cruceiros e petos de ánimas, “son bens de interese cultural e quedan sometidos ao réxime xurídico previsto para ese tipo de bens nesta lei, sen necesidade da tramitación previa do procedemento previsto no seu título I, os hórreos, os cruceiros e os petos de ánimas dos que existan evidencias que poidan confirmar a súa construción con anterioridade a 1901.
Os hórreos, cruceiros e petos de ánimas cuxa antigüidade non poida ser determinada ou que fosen construídos con posterioridade á data sinalada anteriormente poderán ser declarados de interese cultural ou catalogados cando se lles recoñeza un especial valor cultural, principalmente etnolóxico”.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:

O Concello de Cangas promove a recuperación deste conxunto. Así o recolle a prensa dixital do 23 de xuño de 2021 (ver referencia bibliográfica).
Este traballo deixou ver a lenda que aparece na base do cruceiro:
“TU QUE PASAS MIRAME
TODO CUBIERTO DE LLAGAS
MAL HIJO QUE MAL ME PAGAS
LA SANGRE QUE DERRAME
MAS ESPERA Y TE DIRÉ
PUES QUE TANTO PADECÍ
SI LO MAS HICE POR TI
QUE FUE MORIR POR SALVARTE
SI TU TE MUEVES A MI
¿COMO NO HE DE PERDONARTE?”


Referencias bibliográficas:

ENLACES WEB
https://cruceirosdegalicia.xyz/3600804.html
http://www.turgalicia.es/ficha-recurso?cod_rec=17982
http://www.xoanarcodavella.com/2013/08/peto-e-cruceiro-da-magdalena.html

BIBLOGRAFÍA
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1998). Esmoleiros e petos de ánimas da provincia de Pontevedra. Ed. IR INDO.
FERNANDEZ DE LA CIGOÑA E NÚÑEZ, Estanislao. (1997). Cruces e cruceiros de ánimas de Galicia. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía (AGCE).
COSTAS VILLAR, Inés. ESTUDIO ICONOGRÁFICO DE LOS CRUCEIROS DE CANGAS DO MORRAZO A PARTIR DEL CRUCEIRO DE HÍO. Traballo de Fin de Grao 2019. (en liña: https://cruceirosdegalicia.xyz/Cruceiros/36/36008/TFG/TFG.pdf)

ENLACES DE TIPO LEGAL
http://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-1963-6523
https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-1985-12534
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2016/20160516/AnuncioC3B0-110516-0001_gl.html

RECUPERACIÓN DO CONXUNTO
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/cangas/2021/06/22/peto-animas-cangas-sobran-cuatro-manos-pintura/0003_202106V22C5991.htm


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.2842569458
Lonxitude: -8.78464478409
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84