Outra fotografía:

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe,
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Escudo de estilo español pouco adornado de tenantes e timbrado con hielmo que mira a esquerda.
O blasón e coartado con escudón; no primeiro cuartel parece verse un cabaleiro e un soldado. No segundo un castelo coroado por animais, no terceiro unha franxa diagonal cun sol, tres estrelas de seis puntas e media lúa, escoltada a banda por 6 estrelas de tres puntas, tres a cada lado.
No cuarto cuartel parecen ser dous lobos intentando trepar unha árbore e sobre el mesmo tres troitas, dúas a destra e a do medio a sinistra, separados por tres barras (Gayoso).
No escudón tres flores de lis en uve.
Situado en Ourense na praza de “Eironciño dos Cabaleiros”, nunha antiga casona con balcón de madeira do s. XVI, que pertencía ós Armada, convertida en restaurante.
Actualmente identifícase como a Casa de María Andrea, a servente do coengo Guntín, quen lla cedeu en herdanza polo seu comportamento ante os franceses tras a súa invasión a principios do século XIX.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Hosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.33746974640937
Lonxitude: -7.86407053470611
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84