Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria, Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina)
Lugar:
Outra denominación do ben: Salinas de Ulló de Abaixo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Parcela de praia en espazo intermareal delimitada por un cerco de pedras.
Ten dúas alturas diferentes entre o interior e a ría, que provoca a entrada da auga e impide a súa saída. Coa acción do sol evaporase a auga estancada no interior precipitándose o sal.
A súa orixe data do século XVII, cando foron doadas aos xesuítas de Pontevedra formando parte dun complexo chamado “Salinas do Ulló” xunto con tres salinas máis. Entre os anos 1694 e 1698 construíronse as catro salinas. En 1727 a salina de Larache, ou tamén chamada de Ulló de Abaixo, xa non estaba operativa.
Parece ser que despois foi arrendada á veciñanza para o aproveitamento dos xuncos e da herba, e máis recentemente para facer socalcos de produción de ameixa.
Os motivos da inactividade poderían respostar a factores de carácter ambiental relacionados co arrefriamento global, que diminuiron a súa produción e deterioraron a súa estrutura. Todo isto, recruado ademais con novas condicións adversas e temporais no mar.
Os terreos circundantes, e posiblemente estas salinas, eran propiedade dos donos do
pazo de Larache, algo moi posible dado o continuo cambio de propiedade dende a expulsión dos xesuítas en 1767.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/175


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Non
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.336008505884
Lonxitude: -8.6407792568207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84