
Outra fotografía:

Tipo de ben: Industria, Obradoiro artesanal tradicional,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Santa Cristina de Cobres (Santa Cristina)
Lugar:
Outra denominación do ben: Salinas de Ulló de Abaixo
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Parcela de praia en espazo intermareal delimitada por un cerco de pedras.
Ten dúas alturas diferentes entre o interior e a ría, que provoca a entrada da auga e impide a súa saída. Coa acción do sol evaporase a auga estancada no interior precipitándose o sal.
A súa orixe data do século XVII, cando foron doadas aos xesuítas de Pontevedra formando parte dun complexo chamado “Salinas do Ulló” xunto con tres salinas máis. Entre os anos 1694 e 1698 construíronse as catro salinas. En 1727 a salina de Larache, ou tamén chamada de Ulló de Abaixo, xa non estaba operativa.
Parece ser que despois foi arrendada á veciñanza para o aproveitamento dos xuncos e da herba, e máis recentemente para facer socalcos de produción de ameixa.
Os motivos da inactividade poderían respostar a factores de carácter ambiental relacionados co arrefriamento global, que diminuiron a súa produción e deterioraron a súa estrutura. Todo isto, recruado ademais con novas condicións adversas e temporais no mar.
Os terreos circundantes, e posiblemente estas salinas, eran propiedade dos donos do
pazo de Larache, algo moi posible dado o continuo cambio de propiedade dende a expulsión dos xesuítas en 1767.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
https://www.asociacionbuxa.com/patrimonio/detalle/175
Afeccións
Ten camiño de acceso?: NonEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Malo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.336008505884Lonxitude: -8.6407792568207
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
1 comentario
Capítulo 0 » Nova ferramenta de patrimoniogalego.net: códigos QR adhesivos para etiquetar o teu mundo says:
Xul 29, 2013
[…] do Pichel contamos unha nova característica de patrimoniogalego.net. Cada ficha (por exemplo, as Salinas de Larache publicadas por Óscar Franco) inclúe debaixo do nome un código QR. Só hai que clickar no icono […]