Outra fotografía:

Tipo de ben: Muíño,
Concello: Vilaboa
Parroquia: Vilaboa (San Martiño)
Lugar:
Outra denominación do ben: Salinas do Ulló
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII), Século XIX,
Descrición:

Estrutura hidráulica en forma de presa construída en 1637 para facer unha salina.
Está feita a base de perpiaños granítico, cunha lonxitude duns 375 m., unha anchura entre 2 e 2,5 m. e unha altura entre 2 e 4 m., con varias comportas, algunhas delas anuladas.

Entre os anos 1694 e 1698 esta construción foi doada aos xesuítas, que coa colaboración do Mosterio de Poio, constrúen catro salinas máis, entre as cales ésta é a máis importante e a única que continuou activa despois de 1727, cando as outras, debido ao deterioro, pararon a súa produción.
En 1767 interrumpiuse tamén o traballo nesta salina. Os motivos transcenden ao ámbito produtivo e son de tipo político relixioso, motivados pola expulsión dos xesuítas durante o reinado de Carlos III. As Salinas do Ulló foron subastadas, mudando dende entón de propiedade cada certo tempo. De todos modos a súa actividade xa diminuira debido, coma no caso das outras salinas do Ulló, ás condicións climáticas desfavorables.

A finais do séc.XIX na parte dereita do muro da presa exterior das Salinas do Ulló construíuse un dos poucos muíños de mareas existentes en Galicia, cun funcionamento que se baseaba no aproveitamento do movemento das correntes do fondo da ría para xerar a forza hidráulica.

Hoxe só queda deste muíño unha pequena mostra que sinala a súa situación.

Todo o coxunto foi declarado Espazo Natural Protexido Red Natura 2000.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

http://www.galiciamaxica.eu/Sitios/PONTEVEDRA/vilaboa/muinomareas.html
https://www.vigoindustrial.com/copia-de-salinas-de-ullo-f-008
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2016/02/26/salinas-do-ullon-paseo-inolvidable/1412340.html
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/pontevedra/vilaboa/2017/10/03/salinas-do-ullo-simbolizan-lucha-contra-cambio-climatico/0003_201710P3C4991.htm
http://www.farodevigo.es/portada-pontevedra/2017/10/02/arquitectos-defienden-conservacion-salinas-ullo/1759753.html
http://diariodepontevedra.galiciae.com/noticia/763027/salinas-do-ullo-ejemplo-de-sostenibilidad-en-el-dia-mundial-de-la-arquitectura
https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2021/12/18/salinas-tesoro-ria-vigo/0003_202112E18P52992.htm

As salinas do Ulló en 3D: un proxecto pon en valor a súa historia e biodiversidade

Inicio


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.3503716015
Lonxitude: -8.62972855568
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84