Outra fotografía:

Tipo de ben: Conxunto de vivendas (Cascos históricos, barrios, aldeas),
Concello: Ourense
Parroquia: Ourense
Lugar:
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

Praza situada ao leste da catedral na que conflúen un entramado de rúas encostadas. Antes chamouse con razón Cimadevila, pois elevase sobre o resto da cidada antiga.
Aquí construiuse o primitivo convento franciscano (1238), cando esta zona se chamaba “Vico Novo”, a finais do s.XIII graves disturbios urbanos, provocaron o seu incendio e destrución. Despois da súa destrución ergueuse no seu solar un palacio gótico, onde dende finais da Idade Media residía o correxidor rexio. A orixinal foi destruída e dela consérvanse algúns elementos no Museo Provincial e outros na fachada das casas modernas que a sustituíron, unha inscrición do século XVII, e un escudo do XVI.
Praza de escaso valor arquitectónico pero si comercial. Consérvase unha austera casona na que campan varios escudos, hoxe pertencente ás Carmelitas, e tamén a súa capela neogótica obra de Antonio Crespo (1897).
Contrastando co contorno, a talla de Otero Pedrayo feita polo escultor galego Buciños situouse en 1988, próxima ao escudo de don Felipe II, antes estivera na Alameda dende que foi encargada en 1983 polo concello.
En 1484 chega o primeiro Correxidor, enviado polos Reis Católicos. Con estes cargos os poderes feudais vanse perdendo, os bispos no caso de Ourense xa que historicamente o cargo de bispo trascendeu á súa función relixiosa xa que ademais de líder espiritual foi señor feudal dende que no 1122 Dona Tareixa de Portugal concedeu a xurisdición da cidade ao bispo Diego Velasco para el e máis os seus sucesores.
O golpe definitivo que deron os Reis Católicos aos señores feudais –no caso de Ourense- viría en 1586 co nomeamento dun Correxidor con poderes máis amplos, por parte de Felipe II. Aínda así, os bispos tardarían uns anos –ata 1628- en renunciar expresamente á súa histórica xurisdición e dominio sobre a cidade.

Baixando de esta praza cara o centro da cidade, podemos gozar da vista privilexiada do cimborrio da Catedral.


Fotogrametría:

Propiedade: Pública
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

PRAZA DO CORREXIDOR
OURENSE, OTERO PEDRAYO NA PRAZA DO CORREXIDOR.
http://www.panoramio.com/photo/26894523
http://www.panoramio.com/photo/26894554
http://www.panoramio.com/photo/26894687
http://www.mundicamino.com/FichaMunicipio.cfm?id=750&xname=Orense&que=Monumentos


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.336393150508705
Lonxitude: -7.862048149108887
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84