Outra fotografía:

Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Chan de Armada
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:

As mámoas de Chan de Armada están situadas na portela que separa o Monte Gagán do de Cotorredondo, entre os lugares do Pereiro en Marín, e Sobreira en Vilaboa, xusto a carón do límite entre os dous concellos.

O segundo dos túmulos está situado no cruce da estrada CF-401 de Cruz da Maceira a Castiñeiras, coa estrada de Cadrelo e Pereiro a Domaio, a man esquerda baixando cara Sobreira, a uns 40 metros da estrada, tomando un pequeno camiño de terra.

O túmulo ten uns 15 metros de diámetro, e unha altura dun metro, aproximadamente. No centro conserva os restos dunha anta ou cámara funeraria, da que se conservan cinco esteos, vencidos e mal imbricados, e outro máis desprazado do seu sitio orixinal.

O túmulo foi escavado por Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza nos anos 50, e posteriormente, foi obxecto de varios saqueos. Hai restos dunha gávea profunda dende a cámara en dirección leste.


Fotogrametría:

Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026042
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

SOBRINO LORENZO-RUZA, Ramón. «Prospecciones arqueológicas en Morrazo». El Museo de Pontevedra. Pontevedra. 1956.


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Ademais da acción dos furtivos, o túmulo está parcialmente afectado polo camiño que pasa a carón, e cuberto de maleza.


Onde está localizado

Latitude: 42.34745166851357
Lonxitude: -8.687889575958252
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84