Outra fotografía:
Tipo de ben: Petróglifo/Estación de arte rupestre,
Concello: Valga
Parroquia: San Miguel de Valga
Lugar: Os Vilares
Outra denominación do ben: Eira dos Mouros / Chan da Lagoa / Pedra da Serpe
Cronoloxía: Idade do Bronce,
Descrición:
Rocha alongada, en sentido NL-SO no que se inscribiron varios grupos de círculos concéntricos (de entre 4 e 6 círculos) con cazoleta central, do que xorden surcos a modo de radios. Hoxe consérvanse só catro deles, tres dos cales teñen un único radio. O maior é o situado máis centralmente na rocha, e contén 5 radios que parten da cazoleta central e sobrepasan o motivo concéntrico. Os radios que saen cara a parte inferior acadan aos outros dous grupos, e presentan un trazado sinuoso, similar a un serpentiforme. Aparecen tamén formas circulares illadas, asociadas a surcos que parten do seu perímetro. Outro gran grupo de motivos rupestres que destaca son os serpentiformes situados lonxitudinalmente na rocha, sobresaíndo os da súa parte esquerda, de tamaño considerable. Pequenas cazoletas, círculos concéntricos con cazoleta central, e algún surco en forma de arco, completan os motivos representados nesta estación rupestre.
Fotogrametría:
https://skfb.ly/6uxxo
Propiedade: Comunal
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36056001
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Ben de Interese Cultural
Elementos mobles:
Tradición oral:
Existe unha cancionciña recollida no 1979 de man do antigo alcalde de Pontecesures, Xosé Piñeiro Ares: “Campo Redondo, Campo Redondo, onde culebras e serpentes non teñen sono”.
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
GARCÍA ALÉN,A., PEÑA SANTOS, A. de La; “Grabados rupestres de la provincia de Pontevedra”.
Fundación Pedro Barrié de la Maza, A Coruña 1981 (pax. 115)
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/VALGA/documents/27460ca004.pdf
(pax.7)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
A rocha principal (zona central dereita) foi destruida hai anos polos canteiros, sendo freados da súa completa destrucción polos veciños. Agora é BIC e está recollido e protexido no novo PXOM de Valga.
Onde está localizado
Latitude: 42.7041267986Lonxitude: -8.61874490977
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84
2 comentarios
Candido Rico says:
Xul 10, 2018
Penso que tedes mal xeolocalizado o petróglifo. Está uns 500 metros mais hacia o Oeste. Quero decir, na curva a dereita anterior do camiño.
David Abella says:
Xul 30, 2018
Tes toda a Razón Cándido. Xa está corrixido o despiste. Grazas.