
Outra fotografía:
Tipo de ben: Cruceiro,
Concello: Fisterra
Parroquia: Santa María de Fisterra
Lugar: Capela do Bon Suceso
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Cruceiro de tipo De Crucifixo sen plataforma e co pedestal enterrado. O varal é octogonal comezando en cadrado. O capitel é cilíndrico co ábaco de lados curvos e os vértices achafranados. Ademais o capitel ten volutas, follas de bordes lobulados e cabezas de anxo con ás. A súa cruz é rectangular cos brazos con mediacana. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos e as mans abertas. Inclina a cabeza lixeiramente á esquerda cunha coroa de espiñas. O seu pano de puraza vai anoado á dereita. Polo reverso da cruz fica a Virxe do Socorro. O cruceiro é todo de granito cun estado regular debido o seu estado erosivo.
Fotogrametría:
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Dato descoñecido
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-MARTIN RUIZ, L.: «Cruceiros da provincia da Coruña». Vol.II, Deputación Provincial da Coruña, 1999.
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 42.90469544991594Lonxitude: -9.263413846492767
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84


620.000 recursos do patrimonio cultural galego na túa man!





1 comentario
Oscar Franco says:
Set 17, 2026
Este cruceiro atópase catalogado no PXOM do Concello de Fisterra do ano 2019:
https://siotuga.xunta.gal/siotuga/documentos/urbanismo/FISTERRA/documents/28281ca006.pdf (ficha 2.46 // páxina 11)
Engado a seguinte referencia web:
https://cruceirosdegalicia.xyz/1503705.html
e as seguintes referencias bibliográficas:
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2004). Percorrido polos Cruceiros da Costa da Morte (Galicia). Ed: Asociación Neira.
BURGOA FERNÁNDEZ, Juan J. (2009). Os cruceiros nos camiños galegos de peregrinación. Actas do Iº Congreso Galego sobre cruceiros e cruces de pedra. Ed: Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía.
VILAR ÁLVAREZ, Manuel. (2015). Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte. II. Comarca de Fisterra e concellos de Mazaricos e Carnota. Ed: Seminario de Estudos Comarcais para a Promoción do Patrimonio Cultural da Costa da Morte.