Outra fotografía:

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Fisterra
Parroquia: Santa María de Fisterra
Lugar: Praza da Ara-Solis
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:

Dende tempos remotos ata os nosos días, os pelegríns que facían o Camiño a Santiago para visitar ao Apóstolo continuaban, se as forzas así llelo permitían, viaxe ata Fisterra para observar onde acababa o mundo coñecido. Deste xeito, na época medieval créanse numerosos edificios para albergar aos peregríns, ofrecéndolles refuxio, comida e os coidados necesarios para poder continuar o camiño.
Na praza do Ara Solis, no casco histórico da vila e fronte á igrexa do Bó Suceso, atopamos esta construcción de traza sinxela, tamén coñecida co nome de “Casa do Cuadrante”. Conta a lenda que foi levantada alá polo século XIII e que pertenceu a unha marquesa, e tamén outra que dí que foi da raíña Lupa. De tódolos xeitos, o único dato certo é a inscrición que aínda se pode leer na casa, “Redificola D. Juán Díaz de Valdivieso. año 1604”.
De planta cadrada, conta con dous andares e máis o faiado, e a cuberta está trazada a tres augas. Os muros empregan boas pezas de cantería, abríndose na fachada principal dúas grandes portas que dan acceso ó edificio, restando rotundidade ó emprego da pedra.
Un escudo de catro cuarteis, un reloxo de sol e unha cruz de pedra aparecen na fronte como elementos decorativos.
Foi afortunadamente rehabilitada polo seu actual propietario na década dos setenta.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Residencial
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: «Arquitecturas da provincia da Coruña, Cee, Corcubión, Dumbría, Fisterra e Muxía». Vol. IV, Deputación Provincial da Coruña, 1997.
-TROIANO CARRIL, X.: «Camariñas, Corazón da Costa da Morte», Libro inédito inscrito no Rexistro da Propiedade Intelectual no ano 2007, 2008 e 2009.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/FISTERRA/documents/0188CA013.pdf


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.90485458907657
Lonxitude: -9.263306558132171
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84