Outra fotografía:
Tipo de ben: Igrexa,
Concello: Zas
Parroquia: San Cremenzo de Pazos
Lugar: San Cremenzo
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),
Descrición:
Esta igrexa rural presenta unha planta de salón cunha soa nave rectangular e unha capela maior tamén rectangular, a que se lle encosta unha sancristía que comunica con ela a través dunha porta lateral. Tanto a nave como o presbiterio cóbrense con cimbras de madeira. Un grande arco triunfal de medio punto que descansa sobre pilastras apegadas comunica a nave coa capela maior. No último tramo da nave e aos pés dela sitúase a tribuna de madeira. O interior da igrexa presenta nos seus muros norte e sur dúas fornelas con arcos de medio punto que serven de abeiro a imaxes.
A fachada segue un esquema pentagonal e no eixo vertical central destácanse a porta principal, rematada nun arco de medio punto. Sobre ela, unha xanela sinxela, de luz rectangular. Coroa o conxunto unha espadana de dous corpos. O primeiro, furado por dous grandes arcos de medio punto sobre machóns, que acubillan as dúas campás. O segundo corpo curvo está decorado con pináculos. A nave cóbrese cun tellado a dúas augas, mentres que a capela maior presenta tres. Esta está presidida por un retablo neoclásico de madeira, imitando mármore, dividido en tres panos, cun único corpo e un ático.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
-SORALUCE BLOND, J.R.; FERNANDEZ FERNANDEZ, X.: “Arquitecturas da provincia da Coruña, Camariñas, Mazaricos, Santa Comba, Vimianzo e Zas”. Vol. X, Deputación Provincial da Coruña, 1998.
– http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/ZAS/documents/26250CA004.pdf
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado
Latitude: 43.14242264220638Lonxitude: -8.906130194664001
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84