Outra fotografía:

Tipo de ben: Mosteiro/Abadía/Cenobio/Priorado,
Concello: Paradela
Parroquia: As Cortes (San Salvador)
Lugar: Loio
Outra denominación do ben: Mosteiro de Ribalogio
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición:

O Mosteiro de Santa María de Loio foi unha relevante construción da historia do Camiño de Santiago. Na actualidade, só se conserva unha capela prerrománica, recentemente restaurada, cunha imaxe de Santiago que resume o que alí sucedeu: o nacemento da Orde dos Cabaleiros de Santiago, fundada para a protección dos peregrinos e do sepulcro do apóstolo polos séculos IX-X.

Trátase dun edificación de planta rectangular construída en cantaría e cuberta a dúas augas. Na fachada principal destaca o arco de acceso ao templo, de medio punto, e a pequena espadana dun van rematada por pináculos.

Historicamente, a orde militar de Santiago ten orixes confusas, tanto na súa faceta castrense como na santiaguesa, remontándose o seu primeiro antecedente ao século IX, cando xorde en Santiago a Irmandade dos “Cabaleiros Cambeadores”, que sinalan como a orixe dos “Cabaleiros de Santiago da Espada”.

Cando o rei coñece que os peregrinos eran asaltados e roubados, manda “a Brandeso seu capelán mor que dos mais altos fillosdalgo dela e dos pobladores que nela estuviesen, juntasse ante o Apóstol doce que coydasen das moedas, oro e prata e outros haberes que viñan de longas terras, que traguían os Romeyros…” Estes cabaleiros eran os templarios de Galicia que defendían aos peregrinos e gardaban o sepulcro do Apóstolo Santiago.

O rei funda “una cofradía de la espada de este divino patrón (Santiago) en Galicia, señalando trece calificados caballeros en memoria de Cristo y sus doce Apóstoles…origen de la Orden Militar de Santiago… en la cual hubo 42 maestres hasta que la incorporaron a su real corona los Reyes Católicos”. (Méndez Silva)

Pero a creación da Orde en toda a súa plenitude do que significou na nosa historia hai que situala no reinado de Fernando II. O profesor Amor Meilán recolle na súa “Historia da provincia de Lugo” (tomo IV) como foi a histórica asemblea que tivo en Santa María de Cortes para a creación da Orde.

“Unos cuantos nobles en linaje, insignes en sabiduría, fuertes en las armas y gloriosos en todo lo material, pero pobres en virtudes y viciosos…arrepentidos de su vida de disipación y escándalo, resolvieron sin abandonar las reglas de la caballería, a la cual pertenecían…, hacer vida común y someterse a una regla religiosa que fuese como norma de su conducta y designar entre ellos un Prefecto y otros dignatarios que los dirigiesen y guiasen.”

O intento dos cabaleiros acada fortuna e a Orde ten prestixio e a protección de reis, prelados e papas.

En 1170 o rei Fernando incorpora á Orde a este mosteiro. Unidos en irmandade os cabaleiros e os canónigos, acordan facer as constitucións da mesma, nas que establecen que no mosteiro se celebrarán os capítulos xerais, e que á morte do Maestre e ata a elección de outro, o prior da casa rexería o maestrazgo e a Orde toda. En 1171 o arcebispo de Santiago nomea canónigo da súa igrexa ao Maestre e a todos os seus sucesores, entregándolle unha bandeira cunha cruz bordada en forma de espada. Por medio da bula de 5 de xullo de 1175, o Papa Alejandro III aproba a constitución canónica da Orde, citando expresamente o mosteiro, o que demostra a grande importancia que acadou para a milicia xacobea.

Pero pronto xorden antagonismos entre os santiaguistas, creándose dous bandos, discrepancias que se agudizan no momento de elixir Maestre. Fan causa común os de Galicia e León fronte os de Castela. A elección de Fuencalada desgusta ao Conde de Sarria e isto foi seguramente o motivo de que se apartase da Orde, renunciado ao hábito e á encomenda maior que lle fora concedida e fundando outra milicia. Coa morte de aquel Maestre en 1184 volven as discordias entre os galaicoleoneses e os castelás que vencen de novo nomeando a don Fernando Díaz de Ávila, quen ao pouco tempo renuncia ó cargo e sucédelle o de Lemos.

Esta milicia, tivo o seu lugar de enterramento para os cabaleiros de Galicia no célebre lugar de Vilar de Donas.


Fotogrametría:

Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:

BIBLIOGRAFÍA
VALIÑO SAMPEDRO, Elías: “Inventario artístico de Lugo y su provincia”
NOVO CAZÓN, José Luis: “Loio, ¿Cuna de la orden militar de Santiago?”, en Lucensia nº 7, 1993 – Biblioteca Seminario Diocesano
NOVO CAZÓN, José Luis: “Loio:DDe monasterio fructuosiano a encomienda santiaguista”, en Anexo revista LUGO, Serv. Publicacións Deputación Provincial de Lugo, 1984
AMOR MEILÁN: Historia de la provinica de Lugo, tomo IV

ENLACES WEB
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/PARADELA/documents/26076CA013.pdf (p. 6)


Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra:
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado

Latitude: 42.7882833659
Lonxitude: -7.5995349884
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84