
Outra fotografía:
Tipo de ben: Monumento megalítico (túmulo, dolmen, pedrafita...),
Concello: Marín
Parroquia: Piñeiro (Santomé)
Lugar: Chan de Gagán
Outra denominación do ben: Chan de "Xaxán"
Cronoloxía: Neolítico, Calcolítico,
Descrición:
Gran túmulo duns 30 metros de diámetro e case dous de altura. Conserva no centro unha cámara funeraria poligonal con cinco ortostatos visíbeis, e un corredor orientado ao leste, aínda que as súas dimensións son difíciles de calcular por estar enteiramente cuberto de broza.
Aínda que está inventariado como “Mámoa de Chan de Xaxán”, éste é un topónimo deturpado por unha sobrecorreción de “ghaghán”, que é como a boa xente do Morrazo pronuncia o verdadeiro nome do Gagán.
Hai posiblemente outra mámoa, sen inventariar, uns 150 metros ao Norde.
Fotogrametría:
Propiedade: Privada
Uso actual: Forestal
Código no Catálogo da Xunta: GA36026016
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Elementos mobles:
Tradición oral:
Historia recente do ben:
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: SiEstá cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:
Está cuberto de fentos, toxos e silveiras, dentro dunha mesta fraga.
Onde está localizado
Latitude: 42.3386414900613Lonxitude: -8.699755668640137
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84